viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísGalicia rexistra 19 denuncias ao día por violencia machista

Galicia rexistra 19 denuncias ao día por violencia machista

Os xulgados galegos recibiron entre xaneiro e marzo 19 denuncias ao día por violencia de xénero. En concreto, presentáronse 1.724, fronte ás 1.747 do mesmo período de 2023, o que supón un descenso dun 1,3 %.

A gran maioría (1.347) foron presentadas pola vítima, unha cifra que segue sendo moi superior á das denuncias interpostas por terceiras persoas: os familiares formalizaron 13, mentres que 79 recibíronse por partes de lesións recibidos directamente, 29 por servizos de asistencia e terceiros e 256 por intervención directa da policía.

No período estudado tamén diminuíu lixeiramente o número de mulleres vítimas, pois rexistráronse 1.708, fronte ás 1.732 do primeiro trimestre de 2023, o que supuxo unha diminución do 1,4 %. A taxa de violencia de xénero (mulleres vítimas por cada 10.000 mulleres) en Galicia situouse en 12,2, a terceira máis baixa do Estado -cuxa media foi de 17,5-, por detrás da Rioxa -10,6- e Castela e León -12-.

Neste primeiro trimestre do ano pedíronse ante os xulgados de violencia sobre a muller 448 ordes de protección, das que se concederon o 63,8 % e ditáronse 584 sentenzas, das cales o 83,5 % foron condenatorias.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS