viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia, con 140 bandeiras, entre as tres Comunidades con mellores praias

Galicia, con 140 bandeiras, entre as tres Comunidades con mellores praias

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou que as 140 bandeiras azuis que este ano reciben 114 praias, 11 portos deportivos e 15 centros azuis consolidan Galicia como exemplo do coidado ambiental dos recursos naturais do litoral

Durante o acto de entrega destes distintivos de carácter internacional que concede a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), a conselleira puxo en valor que Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Vázquez incidiu en que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Comunidade como destino sustentable e de calidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS