viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaEscribir e publicar non son a mesma cousa

Escribir e publicar non son a mesma cousa

Esa é a trama do III Festival Literario de Allariz

Volve o FLAZ a Allariz co obxectivo de consolidar un espazo de encontro entre a comunidade lectora e todas aquelas persoas que forman parte da cadea de valor do libro. Os días 5 e 6 de xullo o Festival Literario de Allariz acolle os autores Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marta Orriols e Berta Dávila, e os axentes literarios Marina Penalva e Bernat Fiol. Unha figura fundamental no sector editorial, a dos axentes, pouco coñecida para o público, que poderá saber máis do seu papel de maneira directa durante o FLAZ.

PROGRAMACIÓN FLAZ 2024
A Fábrica, Allariz. Entrada libre ata completar aforo

Venres 5 xullo
19:30. ‘Memoria e historia na novela’. Diálogo entre Antón Riveiro Coello e Carlos Meixide

Sábado 6 xullo:
12:00. ‘Todo o que quixo saber sobre os axentes literarios e nunca se atreveu a preguntar’.
Diálogo entre Marina Penalva e Bernat Fiol

Sábado 6 xullo:
17:30. ‘A vida cotiá como materia prima na literatura actual’.
Diálogo entre Marta Orriols e Berta Dávila

Sábado 6 xullo
19:30. ‘Escribir e publicar non son a mesma cousa’.
Mesa redonda con todos os convidados: Antón Riveiro Coello, Carlos Meixide, Marina Penalva, Bernat Fiol, Marta Orriols e Berta Dávila.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS