O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, puxeron en valor as novas instalacións nunha xornada de portas abertas nas que a cidadanía poido explorar os centros recentemente rehabilitados e coñecer de primeira man os servizos dispoñibles e que se veñen de mellorar.
«Queremos facerlles aos emigrantes que desexen retornar o mellor posible o seu camiño de volta,» afirmou o conselleiro.