O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, respondeu no Pleno do Parlamento de Galicia as preguntas orais formuladas polos representantes dos grupos parlamentarios.
O tema das autoestradas, a raíz do aprobado onte no Congreso dos Deputados de admitir o debate da cesión da Autoestrada do Atlántico, centrou parte da sesión. «Cando a transferencia da AP-9 sexa unha realidade, comezaremos a tomarnos en serio os compromisos do PSOE. Mentres tanto, o único que tivemos os galegos foron bicos con sabor a mentira e a maior suba das peaxes na historia desta autoestrada», sinalou Rueda.