martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeO Congreso admite o debate para transferir a AP-9 a Galicia

O Congreso admite o debate para transferir a AP-9 a Galicia

PP, BNG e PSOE piden a transferencia entre reproches mutuos

O Congreso dos Deputados admitiu por terceira vez a lei proposta por unanimidade polo Parlamento galego para transferir á Xunta a titularidade da Autopista do Atlántico. Todos os partidos se mostraron a favor agás Vox que votou en contra.

Os deputados galegos Alberto Pazos (PP), Ana Pontón (BNG) e José Ramón Gómez Besteiro (PSOE) reivindicaron o inicio da tramitación.

Pazos aseguro que «Galicia non pide máis do que lle corresponde, pero tampouco se conforma con menos. Prometéusenos unha AP-9 100% galega e libre de cargas e iso é o que pedimos, o cumprimento da palabra dada»

Pontón defendeu o dereito de Galicia a ter unha “AP-9 galega e libre de peaxes” e instou ás forzas estatais «a deixar de burlarse dos galegos e das galegas e dar luz verde á transferencia libre de cargas da autoestrada».

Besteiro apunta á gratuidade das peaxes como obxectivo prioritario. Advertiu que a infraestrutura “xa está pagada, xa debera ser nosa”, pero os galegos e galegas seguen a pagala porque o goberno de Aznar prorrogou a concesión ata o máximo permitido, o ano 2048.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS