sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoAs Rutas de Natureza de Tui continuan o domingo pola senda do...

As Rutas de Natureza de Tui continuan o domingo pola senda do río Tripes

As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Turismo, no correo electrónico turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05

Este domingo, 16 de xuño, proseguen as Rutas de Natureza organizadas polo Concello de Tui cun roteiro pola senda dos muíños do Tripes. O punto de partida será a área recreativa de Circos, en Pazos de Reis, ás 10 h.

Cristian Lago, guía intérprete do patrimonio, guiará este percorrido circular de 5 quilómetros e dificultade baixa. As persoas asistentes poderán percorrer esta contorna natural do río Tripes e visitar os muíños do Tripes, un conxunto de muíños hidráulicos de gran valor patrimonial. Algúns deles estarán en funcionamento, e está prevista unha degustación de papas de millo.


Para participar na ruta é necesario inscribirse previamente na Oficina de Turismo de Tui, en turismo@tui.gal ou no teléfono 677 41 84 05. Con este percorrido pola Senda dos Muíños do Tripes proseguen as rutas iniciadas o pasado mes de maio, e que están a contar con gran acollida. As seguintes citas serán o Roteiro urbano polos xardíns ocultos da cidade o domingo 23, e a Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño prevista para o domingo 30. A inscrición pode realizarse tamén na Oficina de Turismo.

Data: Domingo 16 de xuño
Hora: 10.00 h
Lugar de saída: Área Recreativa de Circos
Distancia: 5 quilómetros
Dificultade: Baixa
Duración: 3 horas
Inscricións: Oficina de Turismo de Tui, turismo@tui.gal, ou teléfono 677 41 84 05

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS