Alfonso Rueda destacou as políticas de retorno coma unha ferramenta clave para “aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo”, afrontar o reto demográfico e aumentar a competitividade de Galicia.
Durante o acto de entrega dos diplomas aos bolseiros de másteres universitarios e Formación Profesional BEME (Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior) que este ano ampliaron a súa formación en Galicia, salientou o éxito da Estratexia Galicia Retorna, que consta dun cento de medidas coas que se busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior, e que está servindo de exemplo para outras autonomías.