viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeAparece o cadáver dun home tras extinguir un lume na Estrada

Aparece o cadáver dun home tras extinguir un lume na Estrada

As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

Foi pasadas as 14.00 deste martes cando o 112 Galicia recibiu a chamada dunha persoa particular que observaba fume en zona de monte dentro da parroquia estradense de Santa Cristina de Vea. Isto motivou o aviso aos efectivos do Distrito Forestal da zona que, apenas uns minutos despois, comunicaron a localización do corpo dun home calcinado.

Con esta información, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos axentes das forzas da orde, neste caso, Garda Civil e Policía Local.

Agoran tratna de averiguar como se desencadearon os feitos. Aínda que están abertas todas as hipóteses, todo apunta a unha morte accidental froito dunha queima descontrolada por parte do propio propietario da veiga, cuxo coche foi atopado nas inmediacións da parcela, un home de 75 anos e veciño do municipio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS