domingo, septiembre 8, 2024
InicioComarcasAllariz-MacedaAllariz abre a inscrición das Escolas Deportivas de Verán

Allariz abre a inscrición das Escolas Deportivas de Verán

O Concello de Allariz, a través da súa área de Deportes, anuncia a apertura das inscricións para as Escolas Deportivas Municipais para o verán de 2024.

Esta iniciativa ofrece unha ampla variedade de actividades deportivas destinadas a nenos/as e mozos/as, co obxectivo de fomentar a práctica do deporte, promover hábitos saudables e proporcionar diversión durante os meses de xullo e agosto.

Ofértanse voleibol, natación, padel e piragüismo. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico piscina@allariz.gal ou chamando ao teléfono 988 442 083. Tamén poden dirixirse directamente á Piscina Municipal de Allariz.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS