Desestima, polo tanto, o recurso de apelación presentado pola defensa da acusada debido á credibilidade da declaración da menor -a través dos informes periciais-, os testemuños da súa contorna, así como a ampla documental de escritos oficiais ou internos e de mensaxes e correos intercambiados entre encausada e vítima.
O TSXG confirma a condena a 11 anos de cárcere a unha educadora social por abusos sexuais a unha menor
A resolución da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirma a sentenza da sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que condenou a once anos de cárcere a unha educadora social por abusar sexualmente, e de maneira continuada, dunha menor no centro no que traballaba.