viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO 85,5 % do alumnado afirma non ter recibido nunca ou case...

O 85,5 % do alumnado afirma non ter recibido nunca ou case nunca ameazas a través da rede

Tras avanzar onte os primeiros resultados no Consello da Xunta, o conselleiro de Educación dá conta no Consello Galego para a Convivencia Escolar da IV Enquisa de convivencia escolar e hábitos sociais

“Estamos a falar do PISA da convivencia escolar, a maior enquisa nesta materia en Galicia, coa participación de máis de 172.000 persoas, o procesamento de 43 millóns de datos e unha fiabilidade do 99 %”, explicou o conselleiro, salientando que os resultados da enquisa veñen a constatar que a implicación do profesorado e as medidas postas en marcha pola Xunta a través da Estratexia galega de Convivencia Escolar están a funcionar e a repercutir nunha mellora no climas nas aulas. “Case o 90 % dos enquisados consideran que os conflitos son pouco frecuentes e non representan un problema xeneralizado”, sinalou Román Rodríguez.

O cuestionario inclúe por primeira vez preguntas para coñecer hábitos sociais relacionados co uso das novas tecnoloxías ou roles de xénero. Así, un dos datos que se desprende da enquisa é que máis da metade do alumnado de 5º e 6º de Primaria e máis do 90 % do de ESO e ensinanzas postobrigatorias ten móbil propio.

“É necesario poñer en valor o bo traballo feito pola comunidade educativa para que os centros sexan lugares seguros, inclusivos e libres de acoso”, di o conselleiro.

 Celebracón do Consello Galego para a Convivencia Escolar
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS