viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta impulsa a construción de 21.000 vivendas protexidas e 5.000 libres

A Xunta impulsa a construción de 21.000 vivendas protexidas e 5.000 libres

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou na súa reunión semanal a Estratexia Galega de Solo Residencial para “impulsar a construción de 20.000 vivendas protexidas e outras 5.000 libres”.

Unha iniciativa que se enmarca na aposta do Goberno autonómico de ampliar a oferta de vivenda na comunidade co compromiso de “dobrar o parque residencial público nesta lexislatura, para pasar das 4.000 actuais a 8.000 vivendas”, salientou Rueda, quen lembrou que a Xunta vai poñer en marcha a construción de “400 novos inmobles” nos primeiros 100 días de Goberno.

A nova estratexia, segundo apuntou o presidente, suporá destinar na primeira fase un investimento total de “máis de 43,2 millóns de euros” para “a adquisición de solo e redacción de proxectos de urbanización”. A programación desenvolverase en dúas fases. Na primeira, entre 2025 e 2028, abordarase a planificación, a adquisición de solo, a redacción de proxectos e os acordos con concellos. Posteriormente, en canto estea xa avanzada esta primeira etapa arrancará a segunda, relativa á execución das obras de urbanización, a comercialización das parcelas e á execución das edificacións.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, indicou que “a previsión é acadar 3,3 millóns de metros cadrados de solo” e destacou que o chan urbanizado se destinará á construción de vivenda de promoción pública, que levará a cabo o Instituto Galego de Vivenda e Solo, e de promoción autonómica, que abordarán promotores e cooperativa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS