O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alberto Varela, co obxectivo de abordar cuestións que afectan ao eido local como o financiamento de servizos como as Unidades Asistencias ás Drogodependencias (UADs) ou o Servizo de Axuda ao Fogar (SAF).
Nunha intervención posterior ao encontro, o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, lembrou que a Xunta xa vén incrementando de maneira progresiva a achega autonómica a este servizo financiando maior parte que o Goberno central.
Na reunión tamén se abordaron os avances no traspaso ao Goberno autonómico das Unidades Asistencias ás Drogodependencias.