Durante o evento, que reúne estes días en Galicia a máis de 30 cociñeiros que suman 80 estrelas Michelin, Rueda sinalou que “podemos seguir crecendo sen perder as nosas esencias, e a calidade é o que a xente vén buscando e o que lles podemos ofrecer”. O vínculo entre gastronomía e Camiño de Santiago son dous dos símbolos de Galicia claves no éxito turístico que se está a experimentar.
A calidade, o principal atractivo turístico de Galicia e clave para o crecemento do sector
Así o salientou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante un almorzo cos participantes da iniciativa Estrelas solidarias no Camiño de Santiago.