viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta vai continuar dando apoio aos plans de futuro de Stellantis

A Xunta vai continuar dando apoio aos plans de futuro de Stellantis

Rueda traslada ao novo director da planta en Vigo o compromiso da Administración autonómica coa industria da automoción

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou esta tarde ao novo director de Stellantis Vigo, José Luis Mosquera, o firme compromiso da Xunta coa competitividade tanto da factoría viguesa como da industria de compoñentes, apoiando a innovación, a formación e os investimentos deste sector estratéxico.

No encontro, no que tamén participou o director saínte, Ignacio Bueno, abordáronse as perspectivas de futuro da planta, ás que se vai continuar dando apoio no marco do plan director da automoción no que se traballa man a man co sector. Neste eido, tal e como se lembrou na reunión, a Xunta vai poñer en marcha unha nova liña de axudas por un total de 18 millóns de euros para axudar ás empresas auxiliares no seu proceso de transformación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS