jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeA Cidade de San Caetano dará cabida a 700 empregados públicos

A Cidade de San Caetano dará cabida a 700 empregados públicos

O presidente do Goberno autonómico visitou os traballos que se están a levar a cabo no complexo

Alfonso Rueda reafirmou o compromiso do Goberno galego coa creación do Complexo Administrativo de San Caetano, que permitirá centralizar a actividade administrativa, ao mesmo tempo que puxo en valor este novo espazo. Así o manifestou tras realizar un percorrido polas obras da 1ª fase do proxecto no espazo que ocupaba a antiga estación de autobuses, as cales está previsto que rematen no segundo semestre de 2025.

“Unha vez rematados os traballos, o novo edificio albergará ata 700 empregados e empregadas públicas en condicións moito máis axeitadas”, ao mesmo tempo que destacou a modernidade das novas dependencias e a optimización da súa organización, aumentando a comodidade á hora de realizar trámites administrativos aos cidadáns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS