domingo, septiembre 8, 2024
InicioNewsO PaísA 40 edición da MIT preséntase como a “máis plural, inclusiva e...

A 40 edición da MIT preséntase como a “máis plural, inclusiva e festiva”

Así se puxo de manifesto na presentación, este xoves, en Santiago de Compostela da programación que se desenvolverá do 19 ao 27 de xullo e para a que o Concello ribadaviense volve contar coa colaboración económica da Xunta

A Xunta reafirma o seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia no seu 40º aniversario, no marco da súa estratexia de apoio ás mostras de referencia para as artes escénicas de Galicia.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu no acto organizado no Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego (CDG), que tamén este ano conmemora as catro décadas da súa fundación como a principal institución escénica da Comunidade.

Sutil anunciou que o espectáculo inaugural desta edición será outra coprodución promovida pola Xunta, neste caso a través do Centro Coreográfico Galego. Trátase de Dique, de Nova Galega de Danza con dirección de Marta Pazos, que precisamente terá a súa estrea absoluta o vindeiro 21 de xuño no Salón Teatro.

Recoñecidos nomes do teatro e a danza de dentro e fóra de Galicia danse cita nesta edición que, segundo a organización, será a máis plural, inclusiva e festiva da súa historia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS