O colexio Hermanos Quiroga do Porriño celebrou hoxe o seu 50 aniversario cun acto moi emotivo nas instalacións do centro. Ao evento asistiron o alcalde, Alejandro Lorenzo, xunto con membros do goberno municipal, a inspectora de Educación da zona, Rosalía Polo Cal, directores e representantes doutros centros educativos do Porriño, así como antiguos profesores e alumnos.
Durante o acto, lembrouse, con moito agarimo, a figura de Eladio Quiroga Rodríguez, un dos fundadores e director do colexio ata o seu falecemento no ano 1999; e púsoxe en valor a figura do mestre e mestra como educador e acompañante na vida dos alumnos e alumnas, motivador en moitas facetas da vida, non só a académica.
A directora, Loli Barciela Castro, o profesor e antiguo alumno Alberto Alcalde, e os alumnos actuais recordaron aqueles tempos nos que “cando gañaba o Celta, Lolita (María Dolores Quiroga, profesora do centro e irmá de don Eladio) prolongaba o recreo 5 minutos”. Barciela transmitíu o desexo da dirección do centro de “seguir medrando xuntos”.
A coral do colexio amenizou o evento, que incluíu unha exposición de fotografías e materiais de estos 50 anos de historia e o descubrimento dun monolito en forma de globo terráqueo feito por Godoy Maceira.