viernes, octubre 18, 2024
InicioConcellos +A CañizaPresentación oficial do 'II Gran Premio Pumptrack Concello da Cañiza 2024'  

Presentación oficial do ‘II Gran Premio Pumptrack Concello da Cañiza 2024’  

O alcalde Luis Piña, acompañado de Marcos Porto, responsable do Clube Pontebike Team e xerente de Sportkids, entidades encargadas de desenvolver o evento, presentaron esta mañá nas pistas de Skatepark e Pumptrack o ‘II Gran Premio PumpTrack Concello da Cañiza’ que se disputará o vindeiro 15 de xuño.

Unha competición que arrancará as 9h cos adestramentos e continuará sobre ás 10h para as clasificatorias ata chegar as 11.30h en que se disputará  a final nas pistas de pumptrack  (rúa Silleda, coordenadas 42.20776839781508, -8.268103250607622), en 11 categorías e na que se espera unha participación superior aos 120 ciclistas.

Os deportistas que desexen participar están a tempo. Os federados poden inscribirse a través da Web da Federación Galega de Ciclismo. Igualmente os non federados (con licencia de 1 día), tamén a través da web da Federación.

Na presentación de hoxe o alcalde volveu a amosar a súa ilusión, compartida co Equipo de Goberno, por celebrar esta II Pumptrack, nunha instalación inaugurada hai un ano, o pasado 5 de xuño de 2023, por Carmela Silva, Presidenta da Deputación naquel entonces.

“Hoxe esta instalación cumpre un ano”, manifestou Luis Piña, “un ano productivo no que moitos deportistas cañicenses e veciños da comarca e mesmo da área de influencia de Vigo e de Ourense, teñen visitado as instalacións para desfrutar dos dous circuitos e ao mesmo tempo coñecer A Cañiza, no caso da xente que ven de fora. Éste era outro dos obxectivos que pretendíamos acadar cando ideamos a construcción das instalacións: converter o skatepark e o pumptrack nun atractivo turístico máis dentro da Comarca”.

“Investimos neste proxecto 340.602,22€, dos que 290.000,00 foron subvencionados pola Deputación Provincial a través do Plan Concellos 2022-2023 e os restantes 50.611,14€ con fondos propios”.

“Este 5 de xuño, a un ano da súa inauguración, as pistas están consideradas como un dos mellores conxuntos de pumptrack e de skatepark de Galicia, contando coa mellor rúa principal de skatepark de toda España, segundo manifestaron a este Concello expertos nestas instalacións e deporte».

Unha dotación que segundo sinalou o  seu deseñador na inauguración do 2023, o técnico Álex Durán (responsable das probas do DMX do festival O Marisquiño), é o máis completo de toda Galicia.

O parque  suma máis de 3.300 m2 para a práctica de deporte urbano, divididos no skatepark (1.820 m2), o pumptrack (715 m2), zonas verdes (744 m2) e unha zona de acceso (26 m2).

Na presentación de hoxe, o alcalde agradeceu a implicación neste evento dos establecementos da Cañiza: Camping Cañizaapartamentos turísticos AUGUSTO e Finca Briabí e tamén o apoio de Augas de Mondariz, Biziebike e Rocbikecustoms.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS