lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsActualidadeMulleres e menores de 30 anos, beneficiarios da baixada do paro

Mulleres e menores de 30 anos, beneficiarios da baixada do paro

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado do secretario xeral técnico da Consellería, Joaquín Macho, e da directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou este mércores a oficina de emprego de Navia, en Vigo, onde puxo de relevo os datos históricos de paro rexistrados en maio en Galicia, que beneficiaron en especial colectivos prioritarios como as mulleres e os menores de 30 anos

É a primeira vez desde que hai rexistros (1996) que o desemprego en Galicia se sitúa por debaixo das 123.000 persoas (122.036), cun descenso tanto na evolución anual (-9,22%) como na mensual (-3,40%). Descende o paro nas sete grandes cidades (en Vigo, caeu un -10,14% con respecto a hai un ano), tamén nas catro provincias e en todos os sectores. Por colectivos prioritarios, as cifras de desempregados menores de 30 anos e de mulleres son as máis baixas desde que hai rexistros (2005). Canto ás afiliacións, conséguese o mellor dato dos últimos 15 anos (1.077.292 afiliacións).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS