Román Rodríguez presenta unha oferta “ampla, variada e de calidade” con 46.714 prazas de novo ingreso froito do diálogo co sistema socioeconómico. As prazas medran en 24 das 25 familias profesionais que se poden cursar en Galicia, con incrementos que superan o 20% en catro delas e o 10% noutras 11. As familias de Informática e comunicacións, Hostalaría e turismo e Comercio e márketing suman máis 400 prazas de crecemento con respecto ao actual curso.
O titular de Educación asegura que “todo aquel que o desexe, pode atopar un oco na FP, cunha formación case á carta que se adapta ás necesidades de cada persoa”.