O 112 Galicia tivo constancia do sucedido sobre as 11.00 horas deste martes, a través do relato dun veterinario que traballaba no lugar. Estaba a vacinar unhas vacas cando estas botaron a correr, arremetendo contra un home, que quedou inconsciente.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Boiro.
O ferido foi trasladado nun helicóptero medicalizado ao centro hospitalario compostelán.
Trasladado en helicóptero un home atacado por unhas vacas en Boiro
Os feitos ocorreron en Enseño, na parroquia de Cures, e o ferido foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago