sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasPorriño forma á próxima xeración de policías locais de Galicia

Porriño forma á próxima xeración de policías locais de Galicia

Os futuros e futuras policías locais de Galicia realizarán prácticas no Concello do Porriño. O alcalde, Alejandro Lorenzo, recibiu hoxe xunto ao concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, e ao inspector xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez, ao primeiro grupo de alumnos e alumnas da 16ª promoción de Policía Local que se está formando na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Serán un total de 97 alumnos, distribuídos en catro grupos, os que realizarán as súas prácticas no municipio.

Trátase dun primeiro contacto coa actividade común dos axentes deste corpo de seguridade, antes de que comencen as súas prácticas este verán nos seus concellos de orixe. En setembro volverán ás aulas a finalizar a parte teórica e escalonarse antes de tomar posesión.

Durante a súa estancia no Porriño coñecerán de primeira man como traballan os axentes da Policía Local.

O alcalde, deulles a benvida a todas e todos e desexoulles que esta experiencia fora o máis enriquecedora posible.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS