A iniciativa xorde con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
O Concello súmase ao apagón ambiental convocado polo Día Mundial do Medio Ambiente este 5 de xuño por parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través do proxecto People & Planet.
O apagón terá lugar entre as 23:00 e as 00:00 horas coa fin de concienciar á sociedade sobre o cambio climático provocado, entre outros motivos, polo consumo enerxético pouco responsable.
Este ano, o Día Mundial do Medio Ambiente está centrado no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible número 15, que xira arredor da xestión sostible dos bosques e demais ecosistemas terrestres, así como da loita contra a desertificación e perda de biodiversidade no noso planeta.