viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeMáis de 13.000 estudantes inician este martes a Selectividade en Galicia

Máis de 13.000 estudantes inician este martes a Selectividade en Galicia

Son un total de 13.448, uns 600 máis que o ano pasado, o alumando matriculado para participar na convocatoria ordinaria da Avaliación do Bacharelato para ou Acceso á Universidade (ABAU) que se celebra do martes 4 ao xoves 6 de xuño

Será o quinto e último ano que se celebre co modelo covid, que permite unha maior opcionalidade ao responder as preguntas, antes da reforma impulsada polo Goberno central e que entrará en vigor, en principio, en 2025.

O primeiro dos exames é o de Lingua Galega e Literatura, ao que seguirá o de Lingua Estranxeira. Os estudantes farán un total de sete probas ao longo destas tres xornadas, cinco correspondentes á parte obrigatoria que, xunto coa media de Bacharelato, permiten obter ata 10 puntos, máis outras dúas de materias específicas, aínda que poden optar por examinarse de máis, que permiten subir nota ata 14.

Os resultados, que os aspirantes coñecerán o vindeiro xoves día 13, conformarán a súa nota de acceso coa que tentarán conseguir praza nunha universidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS