O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, fixo hoxe unha valoración dos datos de paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social, destacando que os datos de paro volven no mes de maio a arroxar cifras históricas e salientando a evolución favorable do mercado de traballo, xa que as afiliacións seguen a medrar na comunidade galega.
Galicia acada a cifra máis baixa de paro desde que hai rexistros
A Comunidade lidera, ademais, a caída do desemprego no Estado na evolución anual