O campionato de Fútbol Sala “Vila de Arbo” disputarase os días 25, 26, 27 e 28 de xullo. O primeiro partido será o 25 de xullo ás 21:00 horas.
O Concello de Arbo no seu interese para apoiar e promocionar o deporte, organiza o XXIX Torneo de fútbol sala “Vila de Arbo”. O Torneo, xogarase en grupos. Os grupos dependeran dos equipos anotados, un evento deportivo totalmente amateur, onde se repartirán entre os clasificados 2200€.
O Campionato de Fútbol Sala “Vila de Arbo” disputarase os días Campionato 25, 26, 27 e 28 de xullo. O primeiro partido será o 25 de xullo ás 21:00 horas.
O prazo de inscrición remata o 19 de xullo de 2024, ás 14:00 horas ou unha vez estean cubertas as prazas de equipos inscritos. A presentación e sorteo terá lugar o sábado 20 de xullo de 2024 ás 13:00 horas no salón de plenos do Concello de Arbo.
O prezo de inscrición e de 75 € por equipo, que serán ingresados na conta do Concello que se facilita, mais 25,00 € que serán entregados antes do comezo do primeiro partido á organización.
As inscricións realizaranse no modelo facilitado polo Concello de Arbo, reenchendo o formulario e enviando o enderezo electrónico da persoa responsable ou a través da sede electrónica do Concello de Arbo.
A Persoa responsable do torneo é a Concelleira de Deportes e Vicenta Rodríguez Cerdeira e o teléfono de contacto para máis información o 639829445.
O torneo xogase no pavillón municipal de deportes, unha zona privilexiada preto da piscina municipal e que contará con zona de acampada gratuíta.
Moitas son as razón polas que paga a pena inscribirse a este torneo ademáis dos premios, coñecer e desfrutar dun fin de semana en Arbo e os seus encantos.