sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasA Garda Civil exhibe o seu traballo no CEIP Atín-Cela de Mos

A Garda Civil exhibe o seu traballo no CEIP Atín-Cela de Mos

A Garda Civil ofreceu esta mañá unha exhibición no CEIP Atín-Cela de Mos, xestionada a tavés do seu Plan Director e na que participou o helicóptero do corpo, que aterrizou nas instalacións do centro ante a atenta mirada dos 258 alumnos e alumnas de Infantil e Primaria.

O alumnado puido gozar de exhibicións de diferentes especialidades desenvolvidas pola Garda Civil: Seguridade cidadá, Equipo pegaso (dron), Policía Xudicial, Fiscal e Fronteiras, Gedex, Seprona, Tráfico, Uhel (helicóptero), e Cinológico (2 cans detectores de drogas).

A iniciativa consistiu na realización dunha exhibición de medios da Garda Civil, levada a cabo pola Compañía de Vigo. O que se pretende coas exhibicións, segundo informaron dende a propia Compañía da Garda Civil, é achegar aos nenos e nenas ao corpo da Garda Civil e que poidan ver de preto o traballo que nel se realiza.

O Plan Director consiste nunha ferramenta para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e as súas contornas e ten como principal obxectivo a coordinación entre a comunidade educativa e as Forzas e Corpos de Seguridade, para dotar aos máis mozos do coñecemento e as ferramentas necesarias, en aras de previr ou detectar situacións de risco que poidan afectar á súa seguridade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS