viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeUn falecido e 57 feridos nas estradas galegas durante a fin de...

Un falecido e 57 feridos nas estradas galegas durante a fin de semana

Desde as 15.00 horas do venres, 31 de maio ata as 23.59 horas do domingo, 2 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 62 chamadas por accidentes de tráfico

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 58 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.

En 46 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto. Este último caso tratouse dun motorista que se saíu da vía, na AP-9 en Vigo, ao parecer por mor dun animal que apareceu morto tamén na vía.

Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas, seguida de Pontevedra con 20, en Lugo houbo sete e ningún en Ourense.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS