domingo, septiembre 8, 2024
InicioO PaísOurenseAs piscinas de Oira abren este venres, con acceso gratuíto e sen...

As piscinas de Oira abren este venres, con acceso gratuíto e sen reserva

O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense abrirá ao público o venres, 7 de xuño, as piscinas de Oira para a nova temporada de verán, con entrada libre e gratuíta, sen necesidade de reserva previa

As piscinas abrirán ata o 8 de setembro, en horario continuado, de 11.00 a 20.45 horas. Este ano, o Consello Municipal amplía a superficie da zona verde na contorna da piscina, para proporcionar unha maior comodidade ás persoas que utilicen a instalación, que contará ademais con vixilante e socorristas.

Piscina exterior do Pavillón dos Remedios

Tamén desde o venres, 7 de xuño, ata o 8 de setembro, abrirá ao público a piscina exterior do Pavillón dos Remedios. Neste caso, pódese acceder a través dun bono diario básico de 3 euros, de luns a sábados, tamén de 11.00 a 20.45 horas, e os domingos, de 11.00 a 13.45 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS