viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA ponte do regato Fonte do Febreiro, en Paramos, volve a estar...

A ponte do regato Fonte do Febreiro, en Paramos, volve a estar operativo

Dende hai uns días está xa operativa a ponte sobre o regato Fonte do Febreiro, en Paramos. En abril comezaron as obras de reconstrución desta infraestrutura que que se vira afectada polas intensas choivas de xaneiro de 2023, obrigando daquela a cortar o tráfico rodado.  

Tras os traballos executados  pola empresa Servicios Medioambientales del Miño S.L. a ponte abriuse de novo tanto ao tráfico de vehículos coma de peóns. Este paso é moi usado pola veciñanza así coma polas persoas que percorren a senda PRG-19 entre Tui e Caldelas. Precisamente dentro desta actuación marcouse o percorrido de senda peonil.

O investimento ascendeu a 48.188, 24€, financiado ao abeiro das Subvencións para a reparación dos danos causados polas inundacións sucedidas nos concellos da provincia de Pontevedra da Deputación de Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS