viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeDeportesTodo preparado para a gran festa do fútbol galego

Todo preparado para a gran festa do fútbol galego

Este venres, a partir das 20.00 horas, no estadio vigués de Balaídos enfróntanse nun amigable as seleccións de Galicia e Panamá

Activada xa dende este xoves a conta atrás coa concentración da Selección Galega absoluta. O combinado que prepara o vigués Diego Martínez está xa aloxado nun hotel da cidade olívica. Onte tivo lugar o adestramento oficial e hoxe poñerán rumbo a Balaídos dúas horas antes, sobre as 18.00 horas, que será, precisamente, cando arrancará a festa do fútbol galego. A Real Federación Galega de Fútbol ten instala unha exposición fotográfica nas inmediacións do estadio e un dj amenizará as horas previas ao choque.

O encontro de «A outra Irmandiña»
Xa ao mediodía comezará a actividade festiva. O Campo Federativo de Coia albergará, ás 12.30 horas, o partido de «A outra Irmandiña», unha cita na que participarán figuras públicas e famosas de Galicia: humoristas e actores como Antonio Durán Morris ou Xosé Antonio Touriñán, políticos, ex futbolistas como Roberto Lago e Jonathan Aspas e outros personaxes recoñecidos disputarán un partido amigable.

A Irmandiña regresa oito anos despois ao terreo de xogo tralo último compromiso amigable ante Venezuela. Estes son os seleccionados tras unha prelista da que formaban parte máis de 50 futbolistas galegos, unha lista que se foi vendo reducida debido a lesións e compromisos profesionais dos xogadores cos seus clubs de orixe.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS