lunes, septiembre 16, 2024
InicioNewsComarcasFuturos emprendedores do Porriño adestran as competencias blandas con realidade virtual

Futuros emprendedores do Porriño adestran as competencias blandas con realidade virtual

As persoas participantes enfrontáronse a diferentes retos de maneira colaborativa

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego O Porriño realizou, en colaboración da Concellería de Emprego do Concello do Porriño, a segunda sesión do “Taller de NewSkills” para adestrar as competencias blandas a través da realidade virtual.


O Polo de Emprendemento do Porriño, ofreceu o pasado mércores nas instalacións de Porremprego este obradoiro de competencias blandas para que os/as participantes adestrasen a forma de enfrontarse de maneira colaborativa a diferentes retos. Dentro dos obxectivos deste curso, destaca o formar aos/ás futuros/as empresarios/as na construción de novas relacións emprendedoras, na autoevaluación e autocoñecemento de competencias, como a comunicación, a adaptación, o traballo en equipo ou a planificación funcional.


Estas competencias persoais e sociais son fundamentais para o crecemento das empresas así como do desenvolvemento persoal, xa que facilitan as relacións humanas, como son a
intelixencia emocional, o pensamento crítico, o liderado, a resiliencia ou a xestión do cambio, entre outras. As gafas de realidade virtual e outras técnicas de aprendizaxe empregadas foron deseñadas pedagóxicamente partindo dunha base científica e tendo en conta as conductas asociadas a diversas competencias blandas e roles de equipo.


A concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, comenta que “as novas tecnoloxías,
como as gafas de realidade virtual, adáptanse perfectamente aos xogos de rol, nos que as persoas participantes tiñan que construir equipo, repartir ferramentas e alcanzar uns
obxectivos concretos”.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, recorda que “o Concello do Porriño está moi centrado en
promover o emprego e axudar aos novos emprendedores e seguiremos traballando nesta liña para que a veciñanza teña un futuro o máis prometedor posible”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS