sábado, noviembre 23, 2024
InicioO PaísA CoruñaCondenado a 11 anos de cárcere por agredir sexualmente á filla menor...

Condenado a 11 anos de cárcere por agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a once anos de cárcere ao autor dun delito continuado de agresión sexual sobre menor de dezaseis anos con prevalimiento da situación de convivencia, relación de superioridade ou parentesco.

O procesado, segundo consta na sentenza, era parella da nai da vítima, “exercendo un rol similar ao paterno sobre a menor”, circunstancia da que se aproveitou, segundo o fallo, do mesmo xeito que da idade da nena -cando comezaron as agresións tiña 15 anos-.

Ademais, o tribunal impúxolle a prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da menor, ao seu domicilio ou a calquera lugar onde se atope, así como de comunicarse con ela por calquera medio ou procedemento durante 18 anos. Os maxistrados tamén o inhabilitaron durante dez anos para o exercicio dos dereitos de patria potestade, tutela, curatela, garda ou acollemento e para exercer calquera profesión ou oficio ou actividades, sexan ou non retribuídos, que conleven contacto regular e directo con menores de idade. Así mesmo, impuxéronlle dez anos de liberdade vixiada e o pagamento dunha indemnización á vítima de 15.000 euros.

O procesado, segundo consta na sentenza, declarouse culpable unha vez que se lle informou sobre o feitos obxecto de acusación. “En varias ocasións a menor manifestoulle a súa negativa a manter relacións sexuais con el, dobregando a vontade da menor e a súa negativa para manter relacións sexuais dicíndolle, entre outras expresións, que se non accedía deixaría á súa nai e os botaría de casa”, indica o tribunal na sentenza.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS