jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasO RibeiroCarballeda de Avia acolle unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido

Carballeda de Avia acolle unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido

A sesión vai ter lugar o vindeiro martes, 4 de xuño, ás 1600 horas, na Casa do Concello e vai abordar as principais causas e secuelas desta discapacidade, coa que conviven máis de 40.000 persoas en Galicia

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) organiza esta actividade de sensibilización sobre o dano cerebral adquirido, unha discapacidade resultante, na maioría dos casos, dun ictus ou dun traumatismo cranioencefálico derivado dun accidente de tráfico.

A sesión informativa, organizada en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o Concello de Carballeda, está dirixida a todo tipo de público e centrarase na abordaxe das principais causas do dano cerebral, das diversas secuelas asociadas a esta súbita lesión e dos recursos de atención dispoñibles para o colectivo.

A asistencia á charla é de balde, pero é preciso inscribirse previamente no presente formulario ou no teléfono 689 083 144

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS