viernes, octubre 18, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoUn xinete resulta ferido ao ser atropelado por un autobús en Redondela

Un xinete resulta ferido ao ser atropelado por un autobús en Redondela

O home foi trasladado en ambulancia ao hospital de referencia. No autobús viaxaban setenta turistas que resultaron ilesos.

No 112 Galicia tívose constancia do suceso cinco minutos despois das 11 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un autobús atropelara a un xinete no quilómetro 143 da N-550, en Redondela.

Mentres que no vehículo ninguén resultou ferido, o atropelado tivo que ser atendido polo persoal sanitario e evacuado en ambulancia a un centro hospitalario.

Neste operativo tamén colaboraron a Garda Civil de Tráfico e os operarios do servizo de conservación da estrada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS