Modesto Martínez Carballal é natural de Francelos, en Ribadavia, e o autor do crocodilo de madeira que desde o 2020 descansa nas beiras do Miño en Ribadavia e do conto «Adrián e o crocodilo» pero desde hai uns días outros animais tallados en madeira xacen xunto a el para a celebración da presentación da segunda parte do conto titulada «O crocodilo sen rabo».
A historia de Modesto e o crocodilo é a dun avó que quixo facer realidade os mundos imaxinarios do seu neto Adrián e dar renda solta á súa paixón pola escultura en madeira.