Nesta liña, durante a súa intervención na entrega do XII Premio Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica e o V Premio Talentos Emerxentes, Rueda resaltou algunhas medidas postas en marcha nos últimos anos pola Xunta coma a ampliación dos cribados de cancro -incorporando o de próstata e pulmón e ampliando ata os 74 anos o de mama- ou a compra de fármacos de última xeración.
Galicia, referente na prevención e abordaxe do cancro
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca a aposta do Goberno autonómico por situar Galicia á vangarda no eido da Oncoloxía