O obxectivo é facilitar o traballo dos axentes urbanísticos e promover un uso sostible do territorio. A nova documentación informativa compila dun xeito sinxelo as fichas relativas ás servidumes procedentes das normativas autonómica e estatal, incorporando todas as novidades aprobadas na última década.
A conselleira destacou que o documento naceu da propia demanda do sector “á que quixemos dar resposta” e supón “un instrumento fundamental para a mellora do traballo dos profesionais e tamén na defensa e promoción dun uso sostible do territorio”.