A Xunta duplicará este ano a rede de aforos nos ríos da demarcación hidrográfica Galicia-Costa co obxectivo de reforzar a capacidade de prevención e de resposta ante eventuais situacións hidrolóxicas extremas nos ríos baixo a súa competencia. A ampliación completarase o vindeiro mes de xuño e permitirá dispoñer dun total de 95 estacións de medición en toda a comunidade.
Así o avanzou este xoves a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez:
Tras explicar que todas as estacións, tanto as 52 novas como as 43 que xa estaban operativas, constan de instrumentos de medida de nivel que transmiten automaticamente datos cada dez minutos, a responsable autonómica salientou a importancia de que a Xunta poida contar cun sistema de medición en tempo real tan completo na conca baixo a súa competencia.