jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta demandará ao Goberno medidas para paliar o déficit de médicos...

A Xunta demandará ao Goberno medidas para paliar o déficit de médicos no verán

Antonio Gómez Caamaño informou no Parlamento sobre a organización dos recursos humanos dispoñibles para garantir a atención sanitaria a toda a poboación nos centros de saúde e PAC da comarca do Condado-Paradanta

O titular da carteira sanitaria lembrou a situación actual, compartida por todas as comunidades autónomas, de déficit de profesionais de determinadas especialidades de atención primaria. Nese marco, salientou que, grazas ás medidas adoptadas pola Xunta para a incorporación de novos profesionais sanitarios ao sistema e á procura da mellor organización dos recursos humanos dispoñibles, a asistencia sanitaria está garantida para toda a poboación en Ponteareas e en toda a comarca de Condado-Paradanta.

O conselleiro detallou que a poboación desa comarca conta con asistencia sanitaria asegurada pola mañá e polas tardes, de forma que se priorizan as urxencias e atendendo no menor tempo posible ao conxunto dos pacientes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS