Será para a mellora da capa de rodaxe das estradas de acceso aos núcleos de Vilariño e Noval, así como ao de Mesego.
Nun encontro de traballo no despacho presidencial do Pazo Provincial, López e Campos repasaron outros investimentos previstos pola Deputación neste Concello e abordaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións. Neste sentido, o titular do executivo provincial informou ao rexedor dos fondos que lle corresponde ao Concello de Cuntis do programa +Provincia, que ascenden a 668.700 euros, 45.400 máis do recibido o ano anterior, o que supón un incremento do 7,8 %.
Escoitamos a ámbolos dous dirixentes: