viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísO gasto sanitario de 2024 é o máis alto da historia de...

O gasto sanitario de 2024 é o máis alto da historia de Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou este mércores, no Parlamento galego, que a Xunta garante os recursos, a eficacia e a transparencia precisos para asegurar unha sanidade pública de calidade e o acceso aos fármacos e tratamentos máis innovadores.

En resposta a unha interpelación sobre o informe do Consello de Contas de fiscalización da Conta Xeral do Sergas do ano 2022, Miguel Corgos recordou que a Consellería de Sanidade engloba case o 40 % do orzamento total da Xunta e é o departamento cos maiores recursos. Así, neste 2024, o orzamento que a Administración autonómica inviste na sanidade pública galega ascende a máis de 5.100 millóns de euros, a cifra máis alta da historia. “Nunca a sanidade pública tivo tantos recursos”, afirmou, garantindo que o seu reforzo continuará nos vindeiros anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS