domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasCarballiñoDon Quixote e Sancho chegan este domingo ao Carballiño

Don Quixote e Sancho chegan este domingo ao Carballiño

O auditorio Manuel María acolle unha comedia inspirada na obra de Miguel de Cervantes dirixida por Laura Sarasola

A función dará comezo as 18.00 horas, está dirixida a público infantil e familiar (a partir dos 4 anos) e o prezo da entrada é de 3,50 euros.
Tratase do segundo espectáculo da compañía Pedras de Cartón baseado nun texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, para contalo en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico e en clave de clown, traballa as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Quixote e o seu fiel escudeiro Sancho. Unha proposta chea de humor e case sen palabras na que Don Quixote viaxa polas terras de Castela no seu velocípedo acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS