O tribunal considerouna autora dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de substancia que causa grave dano á saúde. Na sentenza, considera probado que o 16 de febreiro de 2022 a acusada entregou a unha persoa un pequeno envoltorio que contiña 0,399 gramos de cocaína, cunha riqueza do 66,84 %, percibindo a cambio a cantidade de cinco euros. Breves instantes despois, segundo consta na resolución, funcionarios do Corpo Nacional de Policía ocuparon ao comprador a referida substancia estupefaciente e á acusada, os cartos procedentes da súa ilícita actividade.
Condenada a un ano e medio de cárcere por vender 5 euros de cocaína
A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a un ano e seis meses de cárcere a unha muller por traficar con droga en Marín