viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeO concerto de Las Antonias pecharamusicalmente á xornada Orgullo e punto de...

O concerto de Las Antonias pecharamusicalmente á xornada Orgullo e punto de Tui

A alameda de San Domingo acollerá este sábado un evento cheo de creatividade, diversidade, inclusión … dirixido a toda a familia

Ultímanse os detalles para “Orgullo e punto” a xornada que terá lugar este sábado, 1 de xuño, dende ás 10.30 h, na Alameda de San Domingos de Tui que estará chea de creatividade, diversidade, inclusión… e que vai dirixida a toda a familia. A organización corresponde ao Concello de Tui e TejeTui.


Persoas de toda Galicia achegaranse a esta cita que ten o seu un punto de encontro na actividade de tecer, con espazos creados neste entorno natural á beira do Miño para dar renda solta á creatividade. Pero haberá oco tamén para continuar aprendendo cos talleres de calcetíns preciosos con MyR, de bolso brilli- brilli con Ay Carmela, de carteira wow bargello con Simedalana ou a masterclass de Lanolina Knits de bordado sobre prendas de puntos. Tamén se contará cun punto interactivo cunha demostración da técnica do fuso no posto de Hilokune Logano, e outro para realizar un “chaveiro orgulloso” a crochet no posto de Cucapuntoes. Os máis pequenos poderán iniciar nesta actividade cos talleres infantís para a elaboración dun cestiño de lá con Madejas Tejerlo.


Amais haberá contacontos sobre diversidade con Isabel Porto e A Fada do Aloia. Participará no evento o Profesor Woky cun espectáculo de maxia, haberá un obradoiro de corrección postural a hora de tecer a cargo da osteópata María Rosa Lorenzo, e tamén se realizarán sorteos… Na xornada haberá unha feira con 15 postos de artesáns de toda Galicia, apoiando á comunidade teceril de Tui e dos arredores.


Non faltará un Espazo Gastronómico no que estará presente a foodtruck Ruta 82,
e os posto de Vionkas e Milo Pulpeiros.


A música será protagonista ao longo da xornada coa actuación ao mediodía do artista Nuno Louro que interpretará versións de GunsNRoses, BryanAdams, Eagles, ou Cold Play, entre outros.


Pechará a xornada o concerto de Las Antonias, a banda galega formada por Ana
Lee, Elena García-Fresca, Marina Gundín, Raquel Huete, Lorena do Vinteún, e Marta Figueiredo. Presentarán o seu novo espectáculo “Boleros y Otras Delicias” no que dan novas letras a melodías antolóxicas falando dunha sociedade máis inclusiva e respectuosa.


Así a Alameda de San Domingos será este sábado un espazo diverso e respectuoso, promovendo a convivencia e igualdade para todas as idades cun amplo programa de actividades ao longo do día.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS