viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeCulturaMáis de 12.000 persoas pasaron polo Festival de Cans

Máis de 12.000 persoas pasaron polo Festival de Cans

Foi entre o martes 20 e o sábado 25 de maio, cando se celebrou a vixésimo primeira edición do certame nesta parroquia porriñesa.

A cifra aínda acada unha maior dimensión tendo en conta a chuvia que caeu ao longo da última das xornadas, día grande do festival, no que se rexistrou a metade dos espectadores.

A organización considera “excelente” esta XXI edición, no que o espazo do Torreiro recuperou a súa intensidade na programación, e consolidou a opción alternativa dos espazos a cuberto en caso de chuvia.

Por vez primeira desde 2019, todas as entradas de pago dispoñibles para asistir ás curtametraxes nos jalpóns e nas actuacións no Invernadoiro, esgotáronse dez días antes do festival.

Ademais de David Trueba, María Vázquez, Eduardo Rodríguez “Tatán” ou Janet Novás, numerosos persoeiros da sétimo arte pasaron por Cans estes días, entre eles os actores e actrices Carlos Blanco, Miguel de Lira, Diego Anido e Sara Casasnovas, directores como Álvaro Gago, Sonia Méndez, Jorge Coira e Enrique Otero, compositoras recoñecidas como Zeltia Montes, directoras de arte como Melania Freire ou músicos que estiveron entre o público como Xabier Díaz, Xosé Manuel Budiño, Anxo Pintos, Uxía e outros máis novos de bandas como Fillas de Cassandra, De Ninghures, Mondra ou Caamaño e Ameixeiras, que pasaron pola Noite Lasal dos videoclips.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS