González asegurou que «queremos unha Galicia de oportunidades: con emprego de calidade, un tecido comercial competitivo e que aposte polo retorno dos galegos no exterior».
Na estratexia a prol do comercio, avogou por un Plan de remuda, pola redefinición dos centros comerciais abertos, por consolidar as prazas de abastos como “Mercados Excelentes” e por un mapa de comercio coas necesidades específicas de cada contorna.
Canto ao retorno de galegos, reeditarase o Programa Retorna Cualifica Emprego con traballos de calidade ofrecidos en orixe, axudas ao emprendemento ou as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior para fomentar a volta de xente nova cualificada.
En materia de emprego puxo en valor novidades como a ferramenta pioneira EMi para casar oferta e demanda en tempo real mediante intelixencia artificial, á que se suman 140 orientadores laborais. Apuntou a unha mellora da prospección das necesidades das empresas, cun seguimento e titorización específicos.