“Serán 200 prazas para estadías nos meses de xullo e agosto”, indicou o titular do Executivo galego.
Deste xeito, as persoas que sobrepasen a maioría de idade terán á súa disposición cinco instalacións diferentes nas cales, segundo explicou Rueda, “desenvolver roteiros, actividades artísticas, acuáticas ou de multiaventura”: o albergue de Cabana de Bergantiños, o campamento A Devesa en Ribadeo, o albergue xuvenil de Allariz, o albergue Montañas de Trevinca na Veiga e complexo Cemar en Mondariz-Balneario.
Así, os maiores de 18 anos, ademais de poder gozar dos campos de voluntariado, ven aumentada a súa oferta no marco deste programa, no cal se poderán inscribir a través da web de Xuventude do 3 ao 10 de xuño.